martes, 18 de mayo de 2010

Publisher, dende outro enfoque



Pode que Publisher sexa un dos programas máis descoñecidos e dos menos empregados dentro do paquete de Microsoft Office; sen embargo, grazas á práctica realizada na materia de Novas Tecnoloxías démonos conta de que pode ser unha excelente ferramenta no eido educativo e na nosa labor como docentes.

Fundamentalmente, empregamos Publisher para dúas tarefas: a primeira, consistía en deseñar unha publicación impresa e, a segunda, en realizar unha WebQuest.


PUBLICACIÓN IMPRESA

Como publicación impresa optouse por un póster que cumpliría unha dobre función: por unha banda, tería como obxectivo servir de boletín informativo para que os pais puideran coñecer de preto as actividades que os seus cativos realizan na escola e, por outra banda, poderíase empregar perfectamente como elemento decorativo das distintas estancias do propio centro.

Crear unha publicación impresa con Microsoft Office Publisher é unha tarefa bastante doada; en parte, esta facilidade vén dada polas características do propio programa: Publisher é especialmente intuitivo.






WEBQUEST
Sen embargo, crear unha WebQuest supón un grao de dificultade maior e unha maior dedicación. No caso da WebQuest a dificultade non reside tanto no apariencia ou deseño da propia web senón máis ben nos seus contidos, que deben ser seleccionados coidadosamente e estar estructurados dun determinado xeito. Estes son só algúns dos requisitos que debe cumprir unha WebQuest para que realmente sexa calificada como "de calidade", pero pola rede circulan gran cantidade de tutoriais que poden orientarnos bastante na consecución dunha WebQuest de calidade.

No noso caso concreto as maiores problemáticas apareceron á hora de atopar recursos na rede que puideran ser empregados polos alumnos e alumnas e de relacionalos cos coñecementos que xa tiñan asimilados os cativos.



Creando Actividades de Hot Potatoes

O deseño e creación de actividades e tarefas é unha función que debe levar a cabo todo mestre ó longo da súa andaina profesional. Conscientes desta realidade dende a materia de Novas Tecnoloxías propuxéronnos crear exercicios de distinta tipoloxía a través de Hot Potatoes.

Hot Potatoes é un programa gratuíto que inclúe seis aplicacións que permiten deseñar actividades de resposta múltiple, resposta breve, crucigramas...

De entrada, Hot Potatoes non resulta moi sinxelo de manexar e, a miúdo, os principiantes semellamos algo desorientados cando o empregamos. As principais problemáticas veñen dadas sobre todo por aqueles aspectos que fan referencia á apariencia e á estética da propia actividade: durante as primeiras sesións insertar unha imaxe ou cambiar o tamaño da fonte chegou a convertirse para moitos de nós nunha auténtica odisea. Sen embargo, non cómpre desanimarse xa que un bo tutorial e un par de sesións de entrenamento pódennos axudar a crear actividades realmente interesantes e educativas.

No noso caso, plantexamos actividades moi próximas á área de coñecemento do medio de diversa tipoloxía:


miércoles, 12 de mayo de 2010

Analizamos o software "Tux Paint"

Podemos atopar na rede numerosos softwares educativos de carácter gratuíto especialmente pensados para os máis cativos.
Evaluar un software destas características só require un pouco de tempo e dedicación e, pola contra, permítennos coñecer se este software é realmente educativo e axeitado para a infancia.


Precisamente, unha das primeiras tarefas levadas a cabo no marco da materia "NNTT aplicadas á Educación Primaria", foi precisamente o análise de Tux Paint. Esta tarefa que non presentou en sí grandes dificultades, permitiunos coñecer certas cousas sobre este software:

  • Está destinado, principalmente, á área de educación artística
  • Contén plantillas para colorear de temática variada: mapas dos cinco continentes, paisaxes (rurais ou urbanas), medios de transporte...
  • Promociona a creatividade
  • Debería mellorar os aspectos que fan referencia á motivación e á retroalimentación positiva

jueves, 6 de mayo de 2010

Un RETO: Buscar Bos Recursos Educativos



A primeira das nosas misións, como alumnado que cursaba a materia de Novas Tecnoloxías e como futuros docentes, foi buscar páxinas (tanto institucionais como non institucionais) nas que puidésemos atopar recursos sobre o tema elexido (no noso caso, A Fauna da Alta Montaña Ourensá).

Semellaba unha tarefa ben sinxela: ¿Quen non tiña buscado antes na rede un concepto, unha teoría ou unha data e só con introducir unha palabra clave xa lle apareceran decenas de páxinas distintas?
Sen embargo, o obxectivo non era atopar a maior cantidade de páxinas existentes, a nosa labor centrábase fundamentalmente en seleccionar só aqueles sitios webs que realmente foran educativos, que foran capaces de lle aportar algo positivo ós máis cativos.
Atopar webs realmente educativas de cáracter institucional é bastante doado, só se precisa acceder ós portais educativos das distintas comunidades autónomas. Pola contra, atopar recursos realmente educativos fóra destes sitios webs convértese nunha tarefa máis complexa.
É certo que pola rede operan infinidade de contidos e informacións pero debemos seleccionar soamente aqueles que repercutan positivamente nos procesos de aprendizaxe dos nosos alumnos e alumnas.


miércoles, 5 de mayo de 2010

¿Que atoparedes aquí?



Fundamentalmente aquí poderás atopar recursos especialmente deseñados para empregar nas aulas de primaria ou con alumnado que estea cursando esta etapa escolar. A temática en torno a que xira este material é fauna da alta montaña ourensá, especialmente da Serra do Xurés (situada na zona da Baixa Limia, Ourense).




A principal novidade da meirande parte dos recursos aquí plantexados reside no feito de que están elaborados no marco da asignatura "Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria" tomando como base de traballo a plataforma de teleformación da Universidade de Vigo: a plataforma TEMA.