jueves, 6 de mayo de 2010

Un RETO: Buscar Bos Recursos Educativos



A primeira das nosas misións, como alumnado que cursaba a materia de Novas Tecnoloxías e como futuros docentes, foi buscar páxinas (tanto institucionais como non institucionais) nas que puidésemos atopar recursos sobre o tema elexido (no noso caso, A Fauna da Alta Montaña Ourensá).

Semellaba unha tarefa ben sinxela: ¿Quen non tiña buscado antes na rede un concepto, unha teoría ou unha data e só con introducir unha palabra clave xa lle apareceran decenas de páxinas distintas?
Sen embargo, o obxectivo non era atopar a maior cantidade de páxinas existentes, a nosa labor centrábase fundamentalmente en seleccionar só aqueles sitios webs que realmente foran educativos, que foran capaces de lle aportar algo positivo ós máis cativos.
Atopar webs realmente educativas de cáracter institucional é bastante doado, só se precisa acceder ós portais educativos das distintas comunidades autónomas. Pola contra, atopar recursos realmente educativos fóra destes sitios webs convértese nunha tarefa máis complexa.
É certo que pola rede operan infinidade de contidos e informacións pero debemos seleccionar soamente aqueles que repercutan positivamente nos procesos de aprendizaxe dos nosos alumnos e alumnas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario