martes, 18 de mayo de 2010

Publisher, dende outro enfoque



Pode que Publisher sexa un dos programas máis descoñecidos e dos menos empregados dentro do paquete de Microsoft Office; sen embargo, grazas á práctica realizada na materia de Novas Tecnoloxías démonos conta de que pode ser unha excelente ferramenta no eido educativo e na nosa labor como docentes.

Fundamentalmente, empregamos Publisher para dúas tarefas: a primeira, consistía en deseñar unha publicación impresa e, a segunda, en realizar unha WebQuest.


PUBLICACIÓN IMPRESA

Como publicación impresa optouse por un póster que cumpliría unha dobre función: por unha banda, tería como obxectivo servir de boletín informativo para que os pais puideran coñecer de preto as actividades que os seus cativos realizan na escola e, por outra banda, poderíase empregar perfectamente como elemento decorativo das distintas estancias do propio centro.

Crear unha publicación impresa con Microsoft Office Publisher é unha tarefa bastante doada; en parte, esta facilidade vén dada polas características do propio programa: Publisher é especialmente intuitivo.






WEBQUEST
Sen embargo, crear unha WebQuest supón un grao de dificultade maior e unha maior dedicación. No caso da WebQuest a dificultade non reside tanto no apariencia ou deseño da propia web senón máis ben nos seus contidos, que deben ser seleccionados coidadosamente e estar estructurados dun determinado xeito. Estes son só algúns dos requisitos que debe cumprir unha WebQuest para que realmente sexa calificada como "de calidade", pero pola rede circulan gran cantidade de tutoriais que poden orientarnos bastante na consecución dunha WebQuest de calidade.

No noso caso concreto as maiores problemáticas apareceron á hora de atopar recursos na rede que puideran ser empregados polos alumnos e alumnas e de relacionalos cos coñecementos que xa tiñan asimilados os cativos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario